Wednesday 01 de May de 2024

Proxección na Fábrica polos 50 anos do golpe de estado en Chile contra Allende


O episodio do bombardeo do Palacio Presidencial de La Moneda, en Santiago de Chile, e a posterior ditadura de Pinochet será lembrado nun acto programado para o vindeiro luns día 11 de setembro no auditorio da Fábrica (20 horas), xusto o día no que se cumpren 50 anos daquela bárbara acción do exército estimulada e apoiada polos Estados Unidos.

Será o alcalde, Ángel García Seoane, quen faga de anfitrión de Omar Contreras Flores, veciño de Maianca que foi preso político da ditadura chilena. Ambos presentarán a proxección do documental “Salvador Allende vive en la memoria”, unha obra de Patricio Guzmán que percorre a vida do mandatario democrático chileno desde que nace en Valparaíso en 1908 ata o día en que se suicida cercado polas tropas manexadas desde o estranxeiro.